Publicador de contidos

Publicador de contidos

A muller que apareceu morta no punto limpo do Carballiño non foi asasinada

A muller que apareceu morta no punto limpo do Carballiño non foi asasinada

Os investigadores cren que se agochou nun contedor nun brote psicótico e morreu ao caer dentro do camión do lixo

As lesións puideron facerse durante o traxecto que realizou o vehículo

Punto limpo no que apareceu o cadáver
Axencia EFE 17/03/2022 18:14

As primeras investigacións desbotan, de xeito preliminar, un posible caso de homicidio ou asasinato arredor da morte da muller de 38 anos no Carballiño. O seu corpo apareceu nun punto limpo, mentres proseguen as pescudas para tratar de saber que puido acontecer.

A autopsia desbota, en principio, a morte violenta e tampouco atopa sustancias tóxicas no seu corpo. A liña principal da investigación é que a muller puido agochase nun contedor nun brote psicótico.

E cando o camión do lixo o recolleu, os rodetes do vehículo causáronlle numerosos golpes e finalmente o falecemento. A muller estivera esa mesma tarde no PAC do Carballiño despois de que a Garda Civil a atopara desorientada camiñando por unha estrada.

Relato dos feitos 

O tráxico suceso aconteceu na madrugada do sábado ao domingo, cando un operario atopou no punto limpo o corpo dunha muller, que fora vista horas antes deambulando desorientada pola autovía.

A Garda Civil abriu unha investigación a fin de determinar que puido pasar sen desbotar ningunha hipótese no marco das actuacións abertas, que están declaradas secretas.

A muller, de 38 anos e de nacionalidade brasileira, presentaba golpes no corpo que puideron ter lugar durante o traxecto que realizou o camión do lixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade