Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desbordamento de augas fecais nunha urbanización da Coruña de recente construción

Desbordamento de augas fecais nunha urbanización da Coruña de recente construción

Os afectados van pedir un estudo pericial para esixirlle despois responsabilidades ao Concello

G24.gal 01/12/2022 14:15

Asolagadas de augas fecais. Así quedaron varias vivendas dunha urbanización de recente construción do barrio coruñés da Gaiteira. A propietaria dunha desas vivendas entrou a vivir nela hai dous meses e agora vese na obriga de buscar outro fogar mentres non arranxen o seu. Seu pai, dono da vivenda lindeira e tamén afectada, estaba en pleno proceso de mudanza.

As augas fecais afectaron tamén as zonas comúns, os garaxes e algún rocho. Despois souberon que a orixe do problema estaba na rede de saneamento, de titularidade municipal.

Agora, a comunidade de veciños vai presentar unha reclamación ao seguro para que faga un estudo pericial para, probablemente despois, esixirlle responsabilidades ao Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade