Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellan unha banda criminal que roubou ferramentas en Galicia e Asturias

Desartellan unha banda criminal que roubou ferramentas en Galicia e Asturias

A Garda Civil mantén abertas as pescudas tras a detención de tres persoas por efectivos da Policía Local en Carballo

Atribúenlles roubos por valor superior aos cen mil euros en ferramentas e efectivo

Imaxe cedida que recolle o momento da detención dos tres presuntos delincuentes tras unha persecución por Carballo
G24.gal 18/04/2024 13:53

As persoas arrestadas, dous homes e unha muller, caeron tras unha persecución da Policía Local de Carballo, ao detectaren que o coche constaba como roubado en Fene. A Garda Civil informa de que son orixinarios de Ferrol e de Camariñas. Un deles quedou en liberdade con cargos.

"Un grupo criminal implicado en máis de 40 roubos de ferramentas na provincia da Coruña e que logo vendían a través de redes sociais. Tamén estaban implicados en furtos en diversas gasolineiras da provincia", explica Lola Amado, voceira da comandancia da Garda Civil da Coruña.

Roubaron material por valor de 90.000 euros e en efectivo, máis de dez mil.  As pescudas policiais seguen en marcha noutras provincias, onde houbo roubos do mesmo tipo, probablemente obra da mesma banda.

"Movíanse con facilidade por todo o territorio galego, mesmo pola provincia de Asturias. Roubaban coches que non sempre eran ocupados polas mesmas persoas, co que dificultaban as investigacións policiais", afirma a voceira da Comandancia.

O obxectivo, di a Garda Civil, é deter máis implicados e recuperar os obxectos roubados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade