Desartellan unha rede de tráfico de drogas na comarca de Vigo
A un dos detidos tamén se lle imputa tentativa de homicidio por disparar os axentes
Nos rexistros interviron grandes cantidades de droga e máis de 25.000 euros en efectivo

A Policía Nacional detivo dous homes na comarca de Vigo por delitos de tráfico de drogas e tenza ilícita de armas, imputándolle a un deles tamén a tentativa de homicidio.
Os axentes desartellaron unha rede de tráfico de estupefacentes tras unha longa investigación. Nos rexistros interviron grandes cantidades de droga e máis de 25.000 euros en efectivo, armas de fogo e varios teléfonos móbiles.
Os detidos son os presuntos responsables dun importante punto de distribución a pequenos vendedores. Para levar a cabo a súa actividade utilizaban dous locais ubicados no Barrio de Traviesas como laboratorios que tamén foron rexistrados así como os domicilios dos principais sospeitosos.
No primeiro rexistro efectuado na localidade do Porriño, cando os axentes do Grupo Operativo Especial de Seguridade (GOES) se dispoñían a entrar no inmoble, un dos detidos disparou cun arma de fogo sen ocasionar feridos. Aos poucos minutos xa foi detido.
A investigación continúa aberta e a policía non desbota novas detencións. Os detidos xa foron postos a disposición xudicial.