Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellan un grupo de delicuentes que asaltaba vivendas e se facían pasar por un grupo musical

Desartellan un grupo de delicuentes que asaltaba vivendas e se facían pasar por un grupo musical

Son cinco individuos de nacionalidade colombiana e residentes en Barcelona e Madrid, pero foron detidos nas localidades lucenses do Corgo e Pol

Imaxe de dous dos detidos gravada pola cámara de vixilancia dunha das vivendas asaltadas
G24.gal 06/12/2022 10:50

A Garda Civil desartella un grupo criminal integrado por cinco individuos que asaltaban casas habitadas e facíanse pasar por un grupo musical para non levantaren sospeitas.

As imaxes gravadas pola cámara de vixilancia dunha das vivendas asaltadas son unha das probas que permitiron identificar aos delincuentes. Son cinco individuos de nacionalidade colombiana e residentes en Barcelona e Madrid, pero foron detidos nas localidades lucenses do Corgo e Pol. Atribúenlles numerosos roubos en vivendas usando a forza. Para pasaren desapercibidos nos desprazamentos facíanse pasara por un grupo musical.

Cando os detiveron a Garda Civil localizou nos seus coches, xoias, bolsos, cartos en efectivo e dispositivos informáticos, procedentes supostamente dos asaltos que cometeran. Tamén tiñan aparellos de comprobación de quilates de ouro, autenticidade de peso e calibre de diamantes.

Unha parte das xoias incautadas xa foron identificadas por vítimas ás que asaltaron en vivendas de Outeiro de Rei, Oleiros, Cambre, Culleredo, Abegondo e Lugo e poderán recuperalas en breve. A Garda Civil segue investigando para localizar aos propietarios do resto do botín.

Os detidos xa pasaron a disposición do xulgado de Instrución Numero 1 de Lugo. Están acusados dos delitos de pertenza a organización criminal, delito continuado de roubo con forza e falsidade documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade