Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan do antigo cárcere da Coruña un home que entrara vivir hai dous meses e medio

Desaloxan do antigo cárcere da Coruña un home que entrara vivir hai dous meses e medio

Tras o desaloxo, a SIEPSE volveu facerse cargo do inmoble

G24.gal 20/07/2023 14:52

Nas últimas horas, a Policía Local achegouse ao antigo cárcere da Coruña para desaloxar un home que entrou vivir, sen autorización, hai dous meses  e medio.

"Varios policías viñeron cara a min e dicían que se entraba, detíñanme. Pero eu non fixen nada. Despois veu a Policía Nacional e xa falaron comigo", conta Ricardo.

Segundo fontes policiais, Ricardo, que prefire manterse no anonimato, saíu voluntariamente e entregou as chaves. Con todo, di que el o único que fixo foi levar a cabo unha iniciativa reivindicativa ante o abandono que sofre o inmoble.

"Eu non son un ocupante ilegal. O único que fixen foron tarefas de limpeza e restauración e organizar visitas polas instalacións", di Ricardo.

Tras o desaloxo, a SIEPSE volveu facerse cargo do edificio, que conta xa con vixilancia privada durante todo o día para evitar novas ocupacións ilegais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade