Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxada a facultade de Terapia Ocupacional da Coruña por un incendio nun despacho

Desaloxada a facultade de Terapia Ocupacional da Coruña por un incendio nun despacho

O edificio xa recuperou a súa actividade habitual, mentres continúa a ventilación das instalacións afectadas polo fume

CSAG CSAG
G24.gal 13/02/2026 09:16 Última actualización 13/02/2026 11:58

A facultade de Terapia Ocupacional do Campus de Oza da Universidade da Coruña foi desaloxada este venres por un incendio nun despacho.

O lume empezou á primeira hora no computador dun despacho, cando había doce persoas no centro, informan a EFE fontes da Universidade.

De inmediato desaloxaron as instalacións e chegaron tres dotacións con oito bombeiros, que extinguiron o lume a continuación, engaden fontes dos servizos de emerxencias da Coruña.

As instalacións xa recuperaron a súa actividade normal mentres continúa a ventilación polos restos de fume nalgúns puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade