Desabastecemento e suba de prezo do aceite de xirasol na hostalería e nos supermercados
España merca máis do 60 % deste produto a Ucraína
Os distribuidores de hostalería reservan as poucas existencias para os clientes habituais
O aceite de xirasol converteuse nos últimos días nun dos produtos máis demandados. España merca máis do 60 % del en Ucraína e agora comeza a haber desabastecemento.
Os supermercados racionan as botellas e os distribuidores de hostalería reservan as poucas existencias que teñen para os seus clientes habituais.
Os carteis anunciando a limitación nas vendas do aceite de xirasol están presentes xa en todos os supermercados. E a pesar do racionamento, os estantes quedan acotío baleiros.
Es poucos días os supermercados pasaron de ter cantidade e variedade a quedar sen existencias. Ademais, subiu moito o seu prezo, unha situación que supón outro novo revés para a hostalería.
O aceite de xirasol é moi empregado para frituras e repostería. A industria busca agora alternativas como traer o produto da Arxentina ou Suráfrica