Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota do Obradoiro fronte ao Real Madrid (74-85)

Derrota do Obradoiro fronte ao Real Madrid (74-85)

Caeron as forzas dos galegos ao longo do partido

O Real Madrid fíxose cunha vantaxe irremontable na segunda metade

G24.gal 16/12/2023 21:30

O Fontes do Sar vestíuse de gala para recibir ao Real Madrid. O Obradoiro enfrontábase ao líder da competición e plantoulle cara desde o comezo. Un primeiro cuarto con varias alternancias entre os equipos deixounos un 19-15 ao final do mesmo. Os de Moncho Fernández estaban superando a todo un Real Madrid. No segundo cuarto, o conto cambiou. O Real Madrid subiu unha marcha e comezou a anotar. Musa, ex do Breogán, xunto con Tavares, elevaron o ritmo do partido. Os visitantes chegaron a poñerse 10 arriba. Cerrando o parcial do 2º cuarto 15-24. Os xogadores marcharon a vestiarios cun marcador de 34-39.

Na segunda metade trocaron as cousas. O Real Madrid seguiu aumentando o ritmo de xogo e ao Obradoiro custoulle igualalo. A pesar de que Tinkle fixo todo por evitalo (4/5 en triplas e 16 puntos), o líder escapou no marcador. Ao final do 3º cuarto, a vantaxe era de 14 puntos. Os rapaces de Moncho Fernández non foron quen de manter o nivel ofrecido na primeira metade. Nos derradeiros minutos, os visitantes mantiveron a distancia no marcador. O resultado final foi de 74-85.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos