Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Derbi galego de urxencias na Asobal coa G2 como testemuña
O Cisne recibe o Cangas nun partido que veremos a partir das 17:00 horas
                            G24.gal
                        
                            14/04/2023 22:16
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un dos canoneiros e goleadores do Cisne, Carlos Pombo, tamén é o punto de conexión entre o vestiario e o adestrador. É o fisioterapeuta do equipo. O Cisne é o pechacanelas, a 6 puntos da zona de permanencia. Para salvarse, o Cisne tería que gañar catro dos seis partidos que faltan para o final da Asobal, mais o derbi é outra historia distinta.
Se imos cara a Cangas, veremos que hai máis tranquilidade, aínda que o equipo só se move con 3 puntos de vantaxe sobre a zona do descenso. Haberá uns 600 afeccionados de Cangas nas bancadas do municipal de Pontevedra, un derbi con dous equipos da zona baixa e con maior presión para o Cisne, moito máis ferido na clasificación.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        