Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deportivo e Rácing prepáranse para o derbi galego na Primeira RFEF

Deportivo e Rácing prepáranse para o derbi galego na Primeira RFEF

G24.gal 10/12/2022 14:55

Terceira temporada seguida na que o Rácing de Ferrol visitará Riazor en Liga, reverdecendo o derbi clásico do norte.

Para Cristóbal Parralo "son partidos nos que a motivación xa presente. hai que xogar con cabeza".

O Rácing está 4 puntos por riba. De volta na súa mellor liña tras gañar ao Pontevedra e ao Linares. Dous partidos que rematou coa porta a cero. Chega sen baixas. Cano advirte de Héber e Carlos Vicente, "dous extremos en que imos tratar que as súas saídas non sexan boas".

Sen Olabe nin Mario Soriano, sancionados, o Deportivo precisa reconciliarse coa súa afección trala debacle de Badaxoz. "Imos recuperar a nosa mellor versión, o demais virá por arrastre". Pola súa banda, Cristóbal agarda "un Deportivo enrabechado e apoiado pola gran afección que ten".

Haberá grande ambiente en Riazor. O Rácing esgotou catro días antes do partido as máis de 800 entradas que lle facilitou o Deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar