Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian trampas de caza nun monte de Mos logo de quedar atrapada unha cadela

Denuncian trampas de caza nun monte de Mos logo de quedar atrapada unha cadela

Os propietarios da cadela presentarán denuncia e o animal recupérase das feridas nunha clínica veterinaria

G24.gal 07/03/2022 14:00

O venres Sona, unha cadela de Mos, non volveu á casa, despois do seu paseo habitual polo monte lindeiro á súa vivenda.

Foron dous días de busca angustiosa, pero o peor chegou cando a atoparon atrapada pola pata por unha trampa de caza, deshidratada e en estado de conmoción. Os seus propietarios din que non é a primeira vez que sucede algo similar na zona. Van presentar denuncia para que non se repita e non quede impune.

Sona é unha cadela maior pero forte. O agarimo dos seus propietarios será a mellor das medicinas. Aínda así, esta mañá quedou ingresada nunha clínica veterinaria para recuperarse das feridas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade