Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian que levan un ano sen poder vivir na casa pola derruba da lindeira

Denuncian que levan un ano sen poder vivir na casa pola derruba da lindeira

Os afectados pídenlle axuda ao Concello do Barco de Valdeorras 

G24.gal 02/02/2024 16:44

Un matrimonio do Barco de Valdeorras denuncia que leva un ano sen poder vivir na súa casa. A lindeira derrubouse e provocou danos graves na súa casa.

Teresa e Alfonso levan un ano e dúas semanas. Saíron co posto e tiveron que marchar vivir cos fillos. Non poden volver á súa casa porque din que tras a derruba quedou moi afectada.

Aconteceu despois de 14 anos advertindo, aseguran, con escritos ao Concello que a casa lindeira, con propietarios desaparecidos, ía caer. Piden ao concello que acometa de urxencia as obras que corresponden para evitar riscos pero aseguran que os ignoran. Dende o Concello do Barco aseguran que, a moito tardar, para a semana que vén comezarán as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos