Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que as obras de mellora da rúa de Santiago, en Padrón, incrementaron a inseguridade viaria

Denuncian que as obras de mellora da rúa de Santiago, en Padrón, incrementaron a inseguridade viaria

A Valedora do Pobo suxírelle ao alcalde que valore a necesidade de acometer melloras

Os veciños quéixanse de ruídos, intensidade do tráfico, velocidade inadecuada e perigo nas vivendas

G24.gal 01/06/2022 14:09

Os veciños do tramo urbano da estrada AC-299, a rúa de Santiago, en Padrón, están fartos dos problemas que lles ocasiona o tráfico de vehículos na zona, e denuncian que as obras de mellora realizadas o ano pasado serviron para xustamente todo o contrario.

O paso de cada vehículo vai acompañado do ruído das tapas dos sumidoiros e a pouca anchura da vía complica o paso de dous coches por cada sentido. Os veciños denuncian tamén que a velocidade media triplica o límite máximo de 20 quilómetros por hora, aseguran que tampouco se respecta a prohibición de circulación para camións de gran tonelaxe, e ademais teñen que soportar unha grande intensidade de tráfico. A razón, din, é a proximidade dunha fábrica de aluminio e dun colexio.

Por todo isto, dirixíronse ao Concello en varias ocasións pero non obtiveron resposta satisfactoria. Tamén remitiron a súa queixa a Tráfico e á Valedora do Pobo, que lle remitiu ao alcalde un escrito en que lle suxire "valorar a necesidade de acometer melloras na seguridade viaria e nas condicións de tráfico da rúa Santiago". Os veciños non confían en que o faga.

A vía é de titularidade municipal desde setembro de 2020. Desde o Concello de Padrón declinaron facer ningún tipo de valoración ao respecto destas denuncias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade