Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o acceso desigual á fibra óptica e a cobertura deficiente na Terra Chá

Denuncian o acceso desigual á fibra óptica e a cobertura deficiente na Terra Chá

Nunha mesma parroquia de Vilalba hai casas con este servizo e outras con mala cobertura

Na veciña Sistallo de Cospeito, levan medio ano coa fibra instalada pero sen sinal

Félix Aragunde 20/02/2023 14:00 Última actualización 20/02/2023 14:19

Na parroquia vilalbesa de Oleiros a maior parte dos veciños conseguiron dispoñer de fibra óptica tras reclamar este servizo durante anos. Outros, pola contra, continúan á espera, a pesar de encontrarse a tan só uns centos de metros de distancia.

E na parroquia veciña de Sistallo, no concello de Cospeito, ningún dos residentes dispón aínda de fibra óptica.

No caso de Paulino Blanco, que ten que facer hemodiálise a diario e enviar os resultados, non lle queda máis remedio que facelo a través de telefonía móbil, malia a deficiente cobertura.

Paulino Blanco, que fai hemodiálise na casa: "Cando acabamos o tratamento, a propia máquina automaticamente xa lle envía o informe á empresa encargada da diálise a domicilio. E se non tes boa cobertura, tarda máis".

Javier Álvarez, gandeiro: "Ás veces hai que subir xunto á igrexa, cando chaman doutros teléfonos, porque hai mellor cobertura que aquí abaixo".

A tecnoloxía necesaria para dispoñeren de fibra óptica leva medio ano instalada, pero polo momento teñen que valerse dos móbiles para realizar xestións en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar