Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o abandono dunha urbanización entre Maside e O Carballiño

Denuncian o abandono dunha urbanización entre Maside e O Carballiño

O lugar de Corzos, que se reparte entre ambos os dous concellos, pasou de 3 a 60 veciños en tres décadas

Os veciños quéixanse de problemas de alumeado, asfaltado, limpeza, tráfico e o propio acceso á urbanización

G24.gal 04/05/2022 14:14

O primeiro problema para os veciños de Corzos é o propio acceso á urbanización, un xiro de case 360 graos, seguido dun túnel para un só vehículo, onde a circulación se complica nas horas punta.

Cando chegaron os primeiros, eran só tres ou catro veciños. Hoxe, hai uns sesenta, un colexio, un ximnasio e un polígono industrial. O tráfico de vehículos disparouse, pero segue sen haber beirarrúas nin sistemas para limitar a velocidade.

"É moi perigoso porque os coches, como a recta é grande, pasan a moita velocidade. Pedímoslles que puxesen uns lombos ou limitacións de velocidade porque, ademais, aquí hai unha parada do bus escolar", explica un dos veciños de Corzos.

A iluminación nocturna, aseguran, resulta insuficiente agora que aumentaron os veciños e o asfaltado, deficiente. O parque é outra das súas preocupacións. Unha zona verde de cinco mil metros cadrados que apenas poden usar.

"Estamos pegados ao Carballiño, pagamos impostos coma todos. Eu non digo que nos fagan algo especial, pero ternos máis ou menos", reclama outra veciña.

Dependen de dous concellos, O Carballiño e Maside e pídenlles que sumen esforzos para corrixir as deficiencias dunha urbanización que segue crecendo en ambas as dúas direccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade