Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian continuos incidentes na contorna da igrexa castrense da Coruña

Denuncian continuos incidentes na contorna da igrexa castrense da Coruña

Veciños e comerciantes temen que poida producirse unha desgraza

G24.gal 14/06/2022 14:46

Hai tempo que os veciños e comerciantes da contorna da capela castrense  da Coruña veñen denunciando continuos incidentes.

Pelexas a calquera hora do día, molestias case diarias aos negocios da zona, cristais que aparecen rotos, lixo amoreado na praza... din que a súa paciencia está case ao límite.

E non entenden por que non se toman medidas para atallar este problema, que mesmo cualifican de moi grave, e máis aínda tendo en conta que se trata dunha praza situada nunha rúa moi transitada e en pleno centro da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade