Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian a situación límite por mor dos ataques do xabaril en Ferrolterra

Denuncian a situación límite por mor dos ataques do xabaril en Ferrolterra

Os agricultures din estar ao límite porque sementar unha hectárea de millo custa entre 1.200 e 1.400 euros

G24.gal 06/06/2022 14:12

Continuos ataques do xabaril na comarca de Ferrolterra. Agricultores e gandeiros da zona denuncian que a situación é límite porque, a día de hoxe, por mor da escalada de prezos de abono e combustible, sementar unha hectárea de millo custa entre 1.200 e 1.400 euros.

Unha situación que levou a moitos a deixar de plantar e aos que o seguen facendo non lles queda outra que saír a vixia gastando, din, arredor de 50 euros cada noite en combustible.

Esixen solucións e por iso, este martes, van manter unha xuntanza coa xefa territorial de Medio Ambiente, á que tamén lle trasladarán a súa preocupación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade