Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que a antiga Oficina de Turismo do Xacobeo 93 en Santiago é un punto de venda de droga

Denuncian que a antiga Oficina de Turismo do Xacobeo 93 en Santiago é un punto de venda de droga

A veciñanza quéixase do estado ruinoso da instalación e do mal ambiente que xera no barrio

A antiga Oficina de Turismo do Xacobeo 93 foi trasladada no 2006 da praza de Galicia á rúa Ramón Piñeiro
G24.gal 19/02/2026 13:15

Foi creada como Oficina de Turismo no Xacobeo 93 na praza de Galicia. No 2006 trasladouse a esta localización, ao pé da rúa Ramón Piñeiro, e desde entón caeu no esquecemento e no abandono total.

Desde hai un tempo os veciños denuncian que está ocupada e que se converteu en punto de venda de droga. Algo que lles preocupa polo ambiente que xera no barrio, onde hai unha gardería nas proximidades e un parque público

Para evitar a progresiva deterioración e a imaxe de desleixo, os veciños propoñen que se lle dea algunha utilidade ou que se desmonte e retire.

O asunto abordouse no último pleno municipal, onde se explicou que so constaba unha intervención da Policía Local, pero non por narcotráfico. En todo caso, o Goberno compostelán solicitou un reforzo da vixilancia tanto da Policial Local como Nacional. Respecto do uso, refiren que non é doado atoparlle un novo destino tras 20 anos de abandono de diferentes gobernos. Ten ademais carencias importantes para darlle unha nova utilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade