Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncia danos nun conxunto de esculturas de Lalín por obras municipais

Denuncia danos nun conxunto de esculturas de Lalín por obras municipais

O escultor Javier Iván Hita di que se trasladaron indebidamente cunha pa escavadora

A instalación Cartografía da pedra está formada por dez pezas de gran tamaño

O autor concibiuna para ese lugar e o Concello pretende retirala despois de oito anos

G24.gal 31/10/2022 12:00

Javier Iván Hita concibiu a súa Cartografía de pedra para O Regueiriño, unha área verde que hai entre o edificio do Concello e o auditorio do Lalín Arena. As grandes rochas moldeadas polo escultor recrean a tradición ancestral dos traballos en pedra.

Aínda que inicialmente se asentaron como unha instalación temporal hai oito anos, Javier nunca pensou en que abandonasen o seu lugar orixinal, e menos sen previo aviso, pero hai uns días un amigo avisouno de que estaban movendo algunhas das pezas cunha pa escavadora. 

Javier non cuestiona que se tiveran que mover as esculturas para facer unha instalación de tubaxes na marxe da avenida, pero considera que o deberan facer con máis coidado e contando con el, sobre todo se o que pretende o Concello é que retire a instalación definitivamente, tal como di que lle dixo agora o alcalde. 

O escultor di o que o terían que avisar con tempo para organizar o traslado dunhas pezas que nalgún caso superan os 2.000 quilos e que, ademais, logo de 8 anos de presenza, para moitos xa forman parte da paisaxe local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade