Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dende Gales á Ribeira Sacra para abrir un hotel en Xunqueira de Espadanedo

Dende Gales á Ribeira Sacra para abrir un hotel en Xunqueira de Espadanedo

G24.gal 25/08/2023 21:28 Última actualización 26/08/2023 09:10

Este hotel en Xunqueira de Espadanedo, en plena Ribeira Sacra, é a aposta dun empresario galés que xa hai anos quedara namorado de Galicia nunha viaxe. O establecemento levaba tempo pechado e non o dubidou cando soubo que estaba á venda. Leva dúas semanas aberto e dende aquela co cartel de completo. Despois de pasar anos viaxando por boa parte do mundo, coida que este é un bo sitio para retirarse.

Hugo Sullivan saíu do Reino Unido hai xa moitos anos, de feito, os últimos quince viviu en Tailandia e Singapur. Ao seu traballo como consultor sumaba como afección o da hostalaría. Cando decidiu volver á casa conta que o seu país cambiara demasiado, non quería quedar e organizou unha viaxe por Galicia 

Namorou da cultura galega, da xente de Galicia, da comida e o clima, así que buscou un lugar para comprar e mercou unha adega na Teixeira. Despois soubo que o hotel levaba pechado un ano, alugoullo ao propietario e abriron hai dúas semanas, e dende aquela sempre está completo.

Con ánimo de integrase algo máis na vida cotiá de Xunqueira acaba de organizar un concurso entre a cativada para elixir o nome e o deseño do logotipo da cafetería do hotel.  Conta que  ten todo o que precisa, mesmo unha terraza con vistas privilexiadas ao solpor e o mosteiro de Santa María. 

Di que lle encanta este lugar e que o seu soño é poder retirarse aquí. Deixar de viaxar e traballar tanto. Vive no segundo andar, conta que cando os hóspedes van durmir senta fóra cunha copa viño, e que todo é perfecto.

Agora cumpre 53 anos. Conta que viviu en vinte lugares distintos arredor do mundo, pero foi este o que conseguiu que por fin  botara o freo para gozar das vistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar