Cargando resultados...
Dembélé gaña o balón de ouro
Lamine Yamal foi segundo e Vitinha terceiro
Aitana Bonmatí acadou o terceiro balón de ouro feminino na súa carreira

G24.gal
22/09/2025 23:36
Ousmane Dembélé gañou o balón de ouro 2025. Lamine Yamal quedou segundo nas votacións e o portugués Vitinha foi terceiro. A pesar de non acadar o máximo galardón individual do fútbol mundial, Lamine non marchou de baleiro de París. O extremo do Barça gañou o trofeo Kopa ao mellor xogador sub 21.
Non foi o único español que recibiu un premio. Aitana Bonmatí gañou o terceiro balón de ouro feminino e Luis Enrrique o trofeo Johan Cruyff ao mellor adestrador.
