Publicador de contidos

Publicador de contidos

Delcy Rodríguez afianza o seu plan económico cun contrato para exportar gas

Delcy Rodríguez afianza o seu plan económico cun contrato para exportar gas

A presidenta encargada de Venezuela non especificou a duración do convenio nin con quen foi asinado

Tamén prometeu inxectar divisas á banca para equilibrar o complexo mecanismo cambiario do país

Delcy Rodríguez na Asemblea Nacional. REUTERS/Leonardo Fernández Viloria Delcy Rodríguez na Asemblea Nacional. REUTERS/Leonardo Fernández Viloria
G24.gal 17/01/2026 08:45 Última actualización 17/01/2026 10:18

A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, exhibiu este venres os primeiros avances da súa estratexia económica, coa consolidación do primeiro contrato de exportación de gas licuado de petróleo e a promesa de inxectar divisas á banca.

Durante un encontro do Consello Nacional de Economía, prometeu que a moeda estranxeira pola venda de volumes de petróleo chegará "a través do Banco Central" cara á banca privada para o mecanismo do mercado cambiario.

En Venezuela a moeda oficial é o bolívar; con todo, o dólar estadounidense e outras divisas úsanse como referencia para fixar prezos de bens e servizos.

Malia que o tipo de cambio oficial o establece o Banco Central de Venezuela (BCV), existe un mercado paralelo, o que causou que os produtos teñan distintos prezos de acordo coa moeda que se use para a compra.

Na súa intervención, transmitida pola canle estatal VTV, a mandataria encargada chamou a un "manexo eficiente" das divisas e insistiu en concretar a substitución de importacións para priorizar a produción nacional e usar as moedas internacionais como un "impulsor" da economía local.

Así mesmo, reiterou que as divisas que achegue o sector petroleiro destinaranse á creación de fondos, como propuxo o xoves nunha mensaxe ante o Parlamento, para "mellorar o ingreso dos traballadores" e investir na mellora de servizos públicos.

REUTERS/Leonardo Fernández Viloria REUTERS/Leonardo Fernández Viloria

Primeira exportación de gas

Doutra banda, anunciou que Venezuela asinou un contrato para exportar, por primeira vez na súa historia, gas licuado de petróleo (GLP). Rodríguez non especificou a duración do convenio nin revelou con quen foi asinado.

Venezuela viña anunciando desde hai meses que se atopaba xestionando o proceso para a exportación de gas, aínda no medio das sancións que os Estados Unidos lle impuxo á industria petroleira no 2019.

O acordo dáse nun contexto de achegamentos diplomáticos entre Venezuela e os Estados Unidos, tras a captura á marxe do dereito internacional do presidente Nicolás Maduro por forzas estadounidenses durante o ataque militar do pasado 3 de xaneiro.

Desde entón, o mandatario estadounidense, Donald Trump, esixiu "acceso total" aos recursos petroleiros de Venezuela e anunciou que recibirá de 30 a 50 millóns de barrís de cru local e que controlará a súa venda.

Neste contexto, a líder chavista reiterou ante o consello económico as tres propostas lexislativas que entregou ante o Parlamento o pasado xoves, durante o discurso para presentar o informe de xestión a nome de Maduro.

Estre elas, descata unha reforma da "Lei Orgánica de Hidrocarburos" e outra para simplificar e facilitar trámites.

Ademais, pediu autorización ao Consello Nacional de Economía para crear un comité de defensa dos dereitos económicos do país  ante instancias internacionais, tras denunciar durante meses que a economía da nación estivo sometida a "bloqueos" e "sancións" estranxeiras.

Unha estación de Citgo en Boston. REUTERS/Brian Snyder Unha estación de Citgo en Boston. REUTERS/Brian Snyder

Más cambios ministeriais

Este venres, a mandataria encargada anunciou a fusión do Ministerio de Industrias e Produción Nacional co de Comercio Nacional nunha "nova instancia" que dirixirá Luis Antonio Villegas, en substitución do empresario Alex Saab, colaborador próximo do presidente Nicolás Maduro.

Este empresario, nacido en Barranquilla (Colombia) e de orixe libanesa, foi detido en Cabo Verde no 2020 e posteriormente extraditado aos Estados Unidos, onde a Xustiza o acusou de conspiración para lavado de cartos e de ser "home de palla" do Goberno venezolano.

Por este caso, estivo preso nos EUA desde outubro do 2021 ata decembro de 2023, tras un perdón presidencial asinado polo entón mandatario da Casa Branca, Joe Biden.

Rodríguez tamén informou doutras tres designacións no seu gabinete: Freddy Ñáñez como ministro de Ecosocialismo, Aníbal Coronado como novo titular de Transporte e Miguel Ángel Pérez Pirela á fronte do despacho de Comunicación e Información.

Nos seus primeiros dez días de xestión, Delcy Rodríguez nomeou como ministro do Despacho da Presidencia o capitán Juan Escalona, membro do equipo de seguridade de Maduro, e o expresidente do Banco Central Calixto Ortega, como novo vicepresidente de Economía Sectorial.

Tamén, destituíu o maior xeral Javier Marcano Tábata e designou no seu lugar o xeneral Gustavo González López como comandante da Garda de Honra Presidencial e titular da Dirección Xeral de Contraintelixencia Militar (DGCIM).

Familiares de presos políticos na prisión do Rodeo. REUTERS/Gaby Oraa Familiares de presos políticos na prisión do Rodeo. REUTERS/Gaby Oraa

Seguen as excarceracións

Este venres, a ONG Foro Penal, que dirixe a defensa de presos políticos, e a dirección opositora maioritaria confirmaron entre 100 e 130 excarceracións desde o anuncio do presidente do Parlamento, Jorge Rodríguez, o pasado xoves ata as 19:30 horas deste venres.

A presidenta encargada asegurou esta semana que van máis de 400 excarceracións e que este proceso se iniciou en decembro por decisión do agora capturado Maduro. As autoridades non publicaron as identidades dos excarcerados nin as condicións destas medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade