Cargando resultados...
Diego Epifanio pensa ao grande na presentación co Básquet Coruña
"Oxalá esteamos celebrando algo ao final da temporada", asegurou o novo técnico coruñés
G24.gal
06/07/2022 15:15
O técnico burgalés Diego Epifanio asume a dirección no banco do Leyma. Epi ten dous ascensos á ACB no seu palmarés, co Burgos e co Rio Breogán. E estivo a punto de conseguilo por terceira vez co Estudiantes hai unhas semanas.
A fichaxe de Diego Epifanio revela que o proxecto do Leyma en Leb Ouro segue medrando e soñando.