Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deep Purple actuará en Vigo o vindeiro 2 de xullo

Deep Purple actuará en Vigo o vindeiro 2 de xullo

A banda británica regresará á cidade olívica 26 anos despois para actuar nas festas de Castrelos: "Vai ser un concertazo", asegura Abel Caballero

É a quinta confirmación oficial dun cartel que inclúe a Chayanne e The Corrs

J.M.B/Europa Press J.M.B/Europa Press
G24.gal 18/03/2026 13:01

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este mércores o concerto estrela das Festas de Castrelos deste verán: o regreso a Vigo, 26 anos despois, de Deep Purple. A mítica banda británica actuará no auditorio o xoves 2 de xullo.

Trátase da terceira confirmación de carácter internacional que realiza Caballero tras os anuncios de Chayanne e The Corrs.

"Vai ser un concertazo. Todo o mundo, o 2 de xullo, a Castrelos: Deep Purple will be there", anunciou o alcalde, Abel Caballero, nas súas redes sociais.

Deep Purple será o prato fortel dun cartel que se completa de momento cos concertos de Chayannne o 30 de xullo, a banda irlandesa The Corrs o 11 de agosto; os murcianos Viva Suecia, o 14, e Iván Ferreiro, o 15 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade