Caballero anuncia que Vigo foi convocada polo Ministerio a unha reunión como candidata ao Mundial
O alcalde afirma: "Vigo é cidade candidata a ser sede do mundial"
A última palabra sobre as sedes vaina ter a FIFA
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Vigo foi formalmente convocada a unha xuntanza polo Ministerio de Educación e Deportes xunto coas outras oito cidades que, a día de hoxe, aspiran a ser sede do Mundial 2030.
O rexedor indicou que, na xuntanza, participan tamén o COI e a Federación Española de Fútbol. E, ademais, dixo que o Ministerio afirmou que defenderá ás nove cidades por igual, e que as nove concurren nas mesmas condicións.
Como conclusión, Caballero afirmou que "Vigo neste momento é exactamente igual que as outras, cidade candidata a ser sede do Mundial 2030".
VIGO, LO CONSEGUIMOS ✌️‼️
— Abel Caballero (@abelcaballero) June 6, 2026
🏟 En estos momentos, Balaídos pasa a ser uno de los estadios candidatos a ser sede del Mundial 2030
⚽️ De este modo ya estamos en igualdad de condiciones con las otras 8 ciudades y 10 estadios que integramos la parte española pic.twitter.com/dlEbrrR2rX