Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decoración de Nadal feita con galletas e pan en Sarria

Decoración de Nadal feita con galletas e pan en Sarria

Unha panadería usa os seus produtos para adornar o local

Tamén teñen beléns con representacións dos oficios de panadeiro

G24.gal 11/12/2023 19:37 Última actualización 11/12/2023 19:44

Non é a máis grande de Galicia pero, sen dúbida, si a máis saborosa. Esta árbore de Nadal está feita integramente con galletas en forma de estrela que coceron no forno dunha panadería de Sarria. Ten case tres metros de altura e cada unha das pezas foi elaborada de xeito manual. Os donos do establecemento levan dende outubro traballando nela para gozo dos clientes.

Pero a árbore non é a única decoración. Nos escaparates teñen un belén feito con anacos de pan e outro en que se representan diferentes escenas do oficio dos panadeiros, un oficio que require de numerosas horas de traballo pero non lle impide a esta familia de Sarria sacar tempo para representar o Nadal no seu establecemento.

Outra mostra do espírito do Nadal que reflicte a panadería é o panetone. Hai poucos anos non o elaboraban e agora é dos artigos máis vendidos. Xa dende novembro preparan a masa madre para que o produto sexa totalmente artesanal.

Ademais da decoración de Nadal, a panadería conta cun museo permanente sobre o seu oficio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar