Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declara o responsable da axencia de Redondela que deixou sen viaxe centos de persoas

Declara o responsable da axencia de Redondela que deixou sen viaxe centos de persoas

70 afectados integran unha plataforma que reclama 170.000 euros

G24.gal 22/04/2026 14:09

Arrancou nos xulgados de Redondela o procedemento contra o xerente dunha axencia de viaxes que deixou 70 persoas en terra. Unha vintena de persoas esperaban a chegada do xerente de Viaxes Loa. Concéntranse por mor do home que os deixou sen vacacións e sen cartos o verán pasado. 70 afectados uníronse entón na Plataforma de Afectados Embárcate Conmigo que leva tempo mobilizándose para que o seu caso non se esqueza. As vítimas son mais, pero non todos integráronse na plataforma.

O responsable da axencia acudía hoxe a declarar ante o xuíz que instrúe esta denuncia por estafa. O calote destapouse o pasado 6 de agosto, cando o xerente de Viaxes Loa enviou mensaxes de WhatsApp aos afectados comunicando que a empresa quebrara, e que en seis meses tentaría resarcir os danos. 

Os afectados quedaron sen viaxe e sen os cartos que pagaran, moitos deles coas maletas practicamente feitas. A incredulidade foi total, porque Viaxes Loa era case unha institución en Redondela, con 37 anos de traxectoria sen problemas desa índole. 

Malia que o xerente recoñece unha débeda de 37.000 euros, a plataforma de afectados afirma que o importe ascende aos 170.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade