Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declara como investigada unha das traballadoras da gardería de Algemesí

Declara como investigada unha das traballadoras da gardería de Algemesí

A xustiza trata de aclarar se a muller coñecía os malos tratos aos que, presuntamente, a directora do centro sometía os pequenos e se non actuou para protexelos

G24.gal 19/02/2026 14:03

O xuíz que investiga un caso de presuntos malos tratos nunha gardería da localidade valenciana de Algemesí tomoulle declaración este xoves a outra das traballadoras. A muller, que estaba de baixa cando se clausurou o centro, está a ser investigada por posible conduta omisiva.

O motivo da citación xudicial era determinar se a traballadora coñecía os malos tratos aos que, presuntamente, a directora da gardería de Algemesí sometía os pequenos e non actuou a pesar de estar obrigada a facelo como responsable dos nenos.

A traballadora estaba citada para este martes como testemuña, pero o xuíz cambiou a súa situación procesual e decidiu citala, dous días máis tarde, como investigada.

A muller, que no momento da clausura da gardería estaba de baixa, ten prohibido achegarse aos nenos ou traballar con menores.

Despois da comparecencia, a traballadora investigada abandonaba a sede xudicial cuberta cun chal e acompañada por outra persoa.

Na causa figura xa como investigada a propietaria da gardería á que se lle imputan os delitos de maltrato habitual e de vexacións inxustas a menores. A muller, de 55 anos, foi detida a finais de xaneiro despois de que varias traballadoras do centro denunciaran os malos tratos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade