Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reducir o desperdicio da comida, unha cuestión que vai desde as hortas ata os fogares

Reducir o desperdicio da comida, unha cuestión que vai desde as hortas ata os fogares

Desde as asociacións de consumidores cren que o problema está en toda a cadea alimentaria e precisa dunha resposta conxunta

Cada familia tira ao ano uns 70 quilos de alimentos (Europa Press/Jesús Hellín)
G24.gal 18/06/2024 13:52 Última actualización 18/06/2024 14:24

Semella que cada vez a sociedade está máis concienciada, pero aínda acaba moita comida no lixo. Unha media de 70 quilos por familia, segundo os datos do Ministerio de Agricultura.

Sete de cada dez fogares españois admiten que tiraron alimentos ou bebidas que aínda se podían consumir. Cómprase máis do que necesitamos pero a Unión de Consumidores de Galicia quere ampliar o foco no desperdicio alimentario. Di que problema non se limita aos fogares. Está en toda a cadea alimentaria e precisa dunha resposta conxunta.

"Son porcentaxes que se moven entre pouco máis do 1 % e por debaixo do 2 % dos alimentos que chegan aos fogares e poden quedar desbotados. Isto é unha realidade que, polo tanto, pon de manifesto que en volume, en cantidade, se sumamos, poden parecer cifras moi altas, pero que porcentualmente é onde menos desperdicios se produce", di Miguel López, secretario xeral de UCGAL.

Para evitar o desperdicio hai hostaleiros que xa ofrecen levar á casa os alimentos non consumidos. As aplicacións que lles dan unha segunda oportunidade aos produtos sobrantes tamén as usan industria e distribución alimentaria, que traballan na revalorización de residuos.

Perla Ferrer é coordinadora da área de Sostibilidade e Economía Circular de Clusaga e incide en que "hai empresas que xa están facendo alianzas con outras entidades e plataformas para que o cliente poida acceder a mellores prezos nese produto".

O desperdicio comeza mesmo antes da colleita. Hai estudos que din que o queda no campo representa un 35 por cento dos alimentos que se tiran.

Adriá Burniol, investigador da Fundación Espigoladors explica que "por exemplo, a nosa fundación con voluntarios imos aos campos recollelo e distribuímolo a bancos de alimentos ou Cruz Vermella para que cheguen aos que máis o precisan".

É a mellor saída para os produtos que quedan sen consumir. A nova lei de desperdicio alimentario obrigará a plans de prevención de residuos en toda a cadea alimentaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos