Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Mella: "De revulsivo estou ben, pero a quen non lle gustaría ser titular?"

David Mella: "De revulsivo estou ben, pero a quen non lle gustaría ser titular?"

Asegurou que o faría "superfeliz" dispoñer dunha ficha do primeiro equipo

Foto @RCDeportivo
G24.gal 28/12/2023 12:30 Última actualización 28/12/2023 12:37

David Mella, extremo do Deportivo, compareceu en conferencia de prensa e asegurou que o faría "superfeliz" dispoñer dunha ficha do primeiro equipo e, aínda que se atopa satisfeito co rol de revulsivo, non esconde a súa ambición 

"A quen non lle gustaría ser titular?". "Hai que asumir o que me pidan. De revulsivo estou ben. Estou no primeiro equipo e con 18 anos non podo pedir moito máis", apuntou Mella".

Tamén expuxo o que lle pide Imanol Idiakez cando adoita entrar ao campo nas segundas partes.

"Pídeme que dea velocidade ao xogo, que me desmarque, que vaia cara a adiante e sobre todo que axude o equipo. Saio nos últimos 25 minutos, o outro equipo está canso, e pídeme iso: velocidade e descaro".

O Dépor ten a posibilidade de engadir unha ficha sub-23 á nómina do primeiro equipo para así activar a opción de fichar un futbolista con ficha sénior. Deste xeito, Mella conta con posibilidades de ser ese futbolista novo que pase a formar parte do primeiro equipo.

"Poñeríame superfeliz, pero tempo ao tempo, non teño présa. Teño 18 anos e ficha do Fabril, que xa é bastante, estou en idade xuvenil aínda. Pero como a todo neno, gustaríame ter ficha do primeiro equipo", recalcou Mella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade