Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Chapela: "Lastrou a baixa de Gabi ao comezo de partido"

David Chapela: "Lastrou a baixa de Gabi ao comezo de partido"

G24.gal 23/10/2022 15:09

O xogador pontevedrés analizou a derrota ante Huesca

Non puido o Cisne manter a súa boa serie de resultados como local no encontro ante o Huesca, ao que chegou con moitas baixas. Para empeorar a situación, un dos homes claves coma Gabi quedou mancado no arrinque do encontro, algo que para David Chapela foi importante no devir do encontro.

"A súa baixa foi definitiva xa ao comezo do partido. Comezamos ben, por diante, pero en canto remontaron xa non fomos quen de volver poñernos por diante. Estivemos atascados, sobre todo na segunda parte, con erros de cara a porta. A miña intención é coller o nivel e ritmo óptimo para axudar o equipo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos