Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Castro: "A pesar das arbitraxes, hai cousas que mellorar"

David Castro: "A pesar das arbitraxes, hai cousas que mellorar"

O central departamental fai autocrítica tras a derrota en La Línea

G24.gal 20/11/2022 15:19

Xa son catro derrotas consecutivas do Racing de Ferrol, tres en Liga e unha na Copa do Rei. Ademais os ferroláns levan un punto dos últimos doce posibles. Por iso no cadro non agochan a preocupación pola deriva de resultados e de xogo. Así se expresaba David Castro na Radio Galega tras o encontro ante a Balompédica Linense.

"Nos últimos partidos márcannos por unha cousa ou por outra. Logo é difícil remontar. Hoxe está condicionado por outras cousas pero é certo que non podemos recibir goles ao comezo do partido. Hai cousas que mellorar. No primeiro penalti pensei que era falta en ataque. Din que Quique pega coa man na cara. Son decisións, hoxe non axudaron. Pero hai que seguir, darlle a volta a isto, estar unidos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade