Publicador de contidos
Publicador de contidos

Datos como as listas de agarda ou as cifras de ingresos hospitalarios, dispoñibles a un clic

Datos como as listas de agarda ou as cifras de ingresos hospitalarios, dispoñibles a un clic

A platoforma web, o Observatorio Galego de Saúde Pública, marcará, segundo o Goberno autonómico, "un antes e un despois" en achegar información á cidadáns e profesionais

G24.gal 14/02/2024 17:36 Última actualización 14/02/2024 18:02

Presentouse en Santiago o Observatorio da Saúde Pública, unha nova plataforma web aberta e dinámica onde se poderá atopar toda a información relacionada con temas de saúde. Vaise converter nunha ferramenta moi útil para os facultativos, para os investigadores,  para nós os xornalistas e tamén para a cidadanía.

Se algo deixou claro a pandemia foi a necesidade de compartir información relevante para a toma de decisións, non só entre os propios profesionais da saúde, senón tamén entre os investigadores, os xornalistas e en xeral toda a cidadanía. Así é como nace o Observatorio de Saúde Pública, unha plataforma de información aberta, dinámica, actualizada e participativa e que vai estar dispoñible a partir do mércores da vindeira semana.

"Temos unha enorme traxectoria en materia de información sanitaria e en materia de información de saúde pública, e o que facemos é coordinala toda, e o máis importante, poñela a disposición", afirmou Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

"Buscabamos ter un espazo de coñecemento común onde poder poñer en valor moitísima información que xa existía noutros lugares, situada, pero queriamos agrupala, compartila e sobre todo darlle o sentido de utilidade que ten que ter", asegurou Marta Piñeiro, subdirectora de Saúde Pública.

No observatorio podemos consultar dende onde están todos os recursos sanitarios dispoñibles en Galicia e tamén os que fomentan o benestar. Poderemos consultar temas que preocupan.

"Queremos compartir todos os datos do rexistro galego de tumores neste Observatorio de Saúde Pública", comenta Carmen Durán, directora xeral de Sanidade Pública.

Accédese a través da URL  observatorio saude publica.sergas.gal e promete ser unha navegación sobre todo moi intuitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar