Das xoias ao vidro, a obra de Lalique busca a arte antes que buscar o luxo
A Fundación Barrié organizou na Coruña a meirande exposición que se fixo en España do considerado inventor da xoiería moderna
Pódense contemplar as súas 300 pezas ata o 12 de xullo de 2026
A palabra para a exposición de Lalique pode ser sorpresa. Unha sorpresa por cada peza. 300 sorpresas.
"Porque cada peza é absolutamente distinta", destaca o responsable de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez
Son obras dun artista que viviu entre o século XIX e o século XX.
"Revolucionou a xoiería e despois a vidrería. No art nouveau, primeiro, e no art déco", conta Rodríguez
Os xoieiros da época non daban creto. Dicíanlle a Lalique que acabaría farto de debuxar xoias.
"Para os xoieiros era unha cousa impensable porque as xoias non eran un mundo de experimentación"
Pero Lalique, lonxe de cansar, seguiu co proceso de crear xoias como pezas de arte.
"Para Lalique o importante non é amosar o valor material da obra, senón conseguir unha obra que sexa unha obra artística, e que comunique", subliña Diego Rodríguez
Cousas polas que é considerado o inventor da xoiería moderna.
"Lalique é pioneiro na utilización de materiais que non son tradicionais da xoiería. Un deles é o marfil artificial"
O descubrimento infantil da flora e a fauna foi nel unha fascinación ata o final.
"Nin sequera as moscas son feas se as retrata Lalique"
E as luces da muller sempre captadas na súa obra, ás veces muller fatal, seguido con devoción a ela.
"É a perfección. A perfección creo que é algo que non se lle pode discutir a cada peza destas", resume Diego Rodríguez
Imposible escoller, difícil resumir, porque aquí cada peza comunica o seu universo propio.