Publicador de contidos

Publicador de contidos

'San Sebastián. Corpo de beleza e dor', a expresividade do santo a través da arte

'San Sebastián. Corpo de beleza e dor', a expresividade do santo a través da arte

A mostra ofrece dende gravados de hai cincocentos anos ata carteis de publicidade dos nosos días

Pódese ver no Museo de Pontevedra ata o 5 de abril

G24.gal 30/01/2026 21:31

Un heroe cristián moitas veces mirado coma Apolo.

"San Sebastián é superimportante na historia da arte para falar do corpo humano", subliña o cocomisario da mostra, Xosé Manuel Buxán Bran

O seu torso en primeiro plano é destacado nesta mostra para sentir o corazón, "o latexo dun home ferido e luminoso, derrotado e fachendoso".

"Unha cara dulcificada, na que para nada vemos dor, nin desgarro pola morte, nin polo sacrificio, nin polo martirio"

San Sebastián, entre o sufrimento e a luz de ascender ao ceo, un misticismo con distintas miradas. Vémolas nestes gravados de mestres europeos do século XVI e ata o século XX. 

"No século XX eclosiona plenamemente, por exemplo na comunidade gay", conta o crítico de arte

Visto tamén nos anos 90 polo único galego da mostra, Roberto González Fernández.

"Un san Sebastián asaeteado pola vida"

Continúa fascinando a súa expresividade.

"Entre o gozo e a dor. Pero sempre prevalece o gozo", conclúe Buxán Bran

'San Sebastián. Corpo de beleza e dor'. No museo de Pontevedra ata o 5 de abril.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade