Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dagoberto Moll: "Amancio collía a pelota e podía canear tres ou a catro sen problema"

Dagoberto Moll: "Amancio collía a pelota e podía canear tres ou a catro sen problema"

Dagoberto Moll coincidiu con Amancio no Deportivo dos cincuenta

G24.gal 22/02/2023 13:33 Última actualización 22/02/2023 13:44

"Collía a pelota e podía canear tres ou a catro sen problema. Era moi veloz"

Así lembra Dagoberto Moll, memoria viva do deportivismo, aquela perla do fútbol coruñés chamada Amancio, co que coincidiu no Deportivo dos cincuenta.

Moll sitúa a Amancio moi arriba na escala dos mellores xogadores galegos. Só por detrás de Luis Suárez.

"Luisito (Suárez) foi o primeiro e Amancio o segundo mellor futbolista galego".

O rapaz do barrio dos Mallos foi deses casos contados: pasou do modesto Victoria directamente ao primeiro equipo do Deportivo. E de aí, catro anos de goles e un ascenso despois, ao estrelato co Real Madrid e a selección. Na Coruña deixou unha pegada imborrable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos