Mobilizan "centos de policías" co gallo do cumio informal de pesca de Vigo
Vigo acolle este cumio como principal porto pesqueiro da Unión Europea. Este luns ao mediodía comezaron a chegar as delegacións ministeriais e pola tarde arrancan as sesións de traballo cun tema central: como avanzar cara a unha frota menos contaminante e máis segura.
Na reunión tamén participan representantes das empresas pesqueiras. O sector pide que a protección do medio ambiente sexa compatible co seu traballo.
Dende a Xunta tamén reclaman máis forza para o sector pesqueiro galego fronte ás importacións. E aseguran que o Goberno central non os tivo en conta na preparación do cumio
O cumio celébrase cun dos maiores dispositivos de seguridade na historia de Vigo, con centos de efectivos policiais. Chegaron reforzos de varias comisarías. E pode haber restricións puntuais de tráfico cando as delegacións ministeriais se estean desprazando pola cidade.