Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Cuarto Camiño Violeta contra a violencia machista en Pontevedra
Os pontevedreses berran contra os asasinatos machistas
                            G24.gal
                        
                            24/11/2024 14:30
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Asociación de Amigos de Pontevedra organizou hoxe polas rúas históricas da cidade o Camiño Violeta. É a cuarta edición dunha marcha a prol das vítimas de violencia machista.
Durante a marcha percorreron case dous quilómetros nos que se lembra con 45 frechas a todas a vítimas mortais de violencia machista de España nos últimos doce meses.
Unha nova frecha por María, a vítima de hoxe da localidade sevillana de Estepa tivo que facerse a toda présa tras o seu asasinato nas últimas horas.