Cuarta xornada de atascos con retencións nos accesos a Portugal desde Galicia
Dificultades para entrar no país veciño pola A-55 e a AP-9 con colapsos puntuais
Moitos galegos están a aproveitar estas xornadas de Semana Santa para desprazarse cara a Portugal. Este sábado repetíronse os atascos e as retencións.
Longas ringleiras de vehículos de ata cinco quilómetros, para cruzar cara ao país veciño. As maiores dificultades para circular rexistráronse entre Vilanova de Cerveira e Vilameá. Levamos catro días igual, con retencións quilométricas para os que queren saír de Galicia para pasar a xornada no norte de Portugal.
Este Sábado Santo o motivo para a viaxe estaba tamén na xa tradicional e multitudinaria feira de Vilanova da Cerveira, a poucos quilómetros da fronteira con Galicia. O bo tempo non fixo máis que incrementar aínda máis unha previsible grande afluencia de xente para mercar.