Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristóbal, tras o triunfo en Córdoba: "O Racing segue coa máxima ambición"

Cristóbal, tras o triunfo en Córdoba: "O Racing segue coa máxima ambición"

O Racing aspira ao ascenso directo a Segunda División

G24.gal 04/05/2023 16:46 Última actualización 04/05/2023 16:54

Cristóbal Parralo analizou o triunfo do Racing ante o Córdoba que lle permite aspirar a todo:

"Foi un partido moi igualado e moi disputado sen un claro dominador. Eu creo que tampouco houbo moitas ocasións para ningún dos dous equipos, aínda que nós tivemos a fortuna de materializar en gol esa última xogada de ataque que nos dá os tres puntos que se poñían en xogo neste encontro".

Cristóbal falou da importancia da vitoria:

"Con este triunfo case aseguramos a disputa do playoff de ascenso, que era o primeiro obxectivo. Creo que nos faltaría sumar un punto para que sexa algo matemático. Ese era o primeiro obxectivo e o Racing segue adiante coa máxima ambición".

Sobre os catro partidos que restan por xogar:

"Cada encontro ten os seus matices, xogar aquí en Córdoba, nada ten que ver co encontro do próximo domingo en casa do Unionistas de Salamanca".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade