Cristóbal: "É a situación soñada. Todos os equipos se cambiarían por nós"
Cristóbal: "É a situación soñada. Todos os equipos se cambiarían por nós"
Haberá cheo na Malata ante un Celta B con moitas baixas
Os de Cristóbal Parralo xogarán unha final este sábado, ás 19:30, no Estadio da Malata, ante un Celta B cheo de baixas. En caso de gañar ou lograr o mesmo resultado que o Alcorcón no seu respectivo encontro o Racing volverá á categoría de prata, se iso non sucede os departamentais terán unha segunda oportunidade de ascender mediante os playoffs no próximo mes de xuño.
"É a situación soñada. Todos os equipos se cambiarían por nós"
Non queda unha soa butaca baleira no Estadio da Malata e a afección ferrolá animará aos seus xogadores, un día máis, dunha forma espectacular.
"Quedamos sen palabras cando falamos da afección e do seu apoio. Queremos devolverllo coa entrega do equipo e unha vitoria".
En canto ao que sucede no verde, o Racing está a lograr unhas cifras espectaculares. Os de Cristóbal Parralo lograron un total de 42 puntos dos últimos 57 posibles.