Cargando resultados...
Cristóbal apela á tranquilidade na véspera do Rácing-Córdoba
"Na 9ª xornada non podemos falar de finais. Hai que ter a cabeza fría"
G24.gal
21/10/2022 15:10
Última actualización 21/10/2022 17:44
Cristóbal apela á tranquilidade na vespera do Rácing-Córdoba. É o partido máis importante da xornada en Primeira Federación, está o liderado en xogo.
Exame para o líder. Primeiro contra segundo. Partido no cumio. Os marcos ponllos Cristóbal.
"Na 9ª xornada non podemos falar de finais. Hai que ter a cabeza fría"
De Ferrol aínda non fuxiu un só punto nesta Liga. O adestrador non sobe á onda da euforia. Avisa: o Córdoba non é un visitante calquera.
"É un club histórico que hai pouco estaba en 1ª División, cun equipo doutra categoría".