Publicador de contidos

Crean o selo Pulpeiros do Carballiño para distinguirse e loitar contro o intrusismo

Crean o selo Pulpeiros do Carballiño para distinguirse e loitar contro o intrusismo

Quen queira polbo do Carballiño poderá identificalo facilmente evitando así o intrusismo crecente

G24.gal 05/11/2021 14:15

Quen probou o polbo do Carballiño sabe ben que non é como o resto. O segredo está en cocer o mellor produto e seguir a receita tradicional. O xeito xa é máis difícil collerllo.

Para distinguirse e darse a coñecer, aínda máis, acaban de crear un selo Pulpeiros do Carballiño. Unha imaxe corporativa, unha web e un museo do polbo son algúns dos proxectos que ten agora en mente esta asociación que conta con máis dunha trintena de profesionais.

Deste xeito quen queira polbo do Carballiño poderá identificalo facilmente evitando así o intrusismo crecente.

A marca acaba de presentarse en Xantar, onde hoxe as casetas con polbo á feira do Carballiño eran das máis concorridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos