Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crea en Lourenzá un museo de maquinaria en vías de desaparición

Crea en Lourenzá un museo de maquinaria en vías de desaparición

Fran Rivas leva toda a vida recollendo todo tipo de máquinas antigas

O seu plan é restaurar as pezas de maior interese

G24.gal 25/04/2022 20:04

Unha das míticas malladoras de trigo Campeva, un camión de incendios dos anos setenta ou varios clásicos Seat 600. Son algunhas das pezas que leva anos acumulando Fran Rivas, un veciño de Lourenzá, no que foi a nave das vacas da casa familiar. Se ben hai pezas que se destinan á venda, Fran recoñece que se lle fai imposible desfacerse das máis antigas debido á paixón que sente por todo o que algún  día foi de utilidade e cada vez é máis difícil de conseguir.

Fran asume que a restauración é a materia pendente do seu particular museo. Polo de agora non ten tempo de reparar e acondicionar as pezas máis destacadas da súa colección pero agarda ilo facendo pouco a pouco. As motocicletas son a parte máis importante e garda dous sidecares de máis de sesenta anos e máis de vinte modelos diferentes das marcas italianas Vespa e Lambretta.

Ademais de por paixón, Fran tamén recopila as pezas para concienciar de que, como antigamente, as cousas deben facerse para que duren e para que poidan ser reparadas e voltas a utilizar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade