Courtois, baixa no Clásico. Koundé e Rudiger si que estarán
Ancelotti afirma que non pensa volver inventar nada, porque a última vez levou "un pau"
Xavi quéixase de non poder gozar no campo deste tipo de partidos
Este domingo, ás catro e cuarto, dispútase o Clásico do fútbol español. Xa podemos confirmar que Thibaut Courtois non estará na portería do Real Madrid, non se recuperou a tempo. Así o confirmou en rolda de prensa Carlo Ancelotti. Na última sesión antes do partido, celebrada esta mañá en Valdebebas, o porteiro non puido participar cos seus compañeiros.
No seu ton habitual, desenfadado, o técnico tamén dixo que non pensa innovar moito neste partido. E tamén confirmou que conta con Rüdiger para a cita ante o Barcelona.
Pola súa banda, o Barcelona vaise adestrar por última vez á hora do partido. Si que compareceu Xavi, para confirmar que pode contar con Koundé para a cita. O técnico do Barcelona está especialmente motivado antes do Clásico. Un partido que el define como impredicible.