Cargando resultados...
Coudet, ledo polo punto pero apesarado por perder a Mina e Brais
G24.gal
01/11/2021 21:27
Coudet amosouse contento polo punto que conseguiu o equipo en Vallecas pero co bo segundo tempo que fixo o equipo considera que soñou coa vitoria. Para este partido confirmou que decidiu reservar a Iago Aspas e Nolito, moi cargados de minutos a estas alturas de campionato.
A gran magoa para o Chacho é perder a Mina por lesión e a Brais por sanción para o vindeiro partido. Coudet considerou que o cartón a Méndez foi demasiado rigoroso.