Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet asegura a súa continuidade: "Aquí estaremos"

Coudet asegura a súa continuidade: "Aquí estaremos"

"Para dar o salto necesitamos máis cousas", o técnico comentou unha vez máis a necesidade de reforzos para competir por obxectivos máis ambiciosos

O Celta acaba de facer oficial que Nolito non continuará vestindo a camisola celeste

G24.gal 14/05/2022 19:20

Era unha das incógnitas de cara a vindeira tempada, e máis coa chegada de Luis Campos á dirección deportiva, a continuidade ou non de Coudet a fronte do banco celeste. Logo dese ruxe-ruxe da selección chilena, hoxe o técnico arxentino quixo confirmar que o vindeiro ano adestrará o Celta.

Falou da ambición, do futuro, do conformismo só coa permanencia. O técnico arxentino insiste en que precisan reforzos e moitas máis pezas para loitar por obxectivos de maior ambición. Por iso recalcou a importancia dos últimos partidos, para quedar o máis arriba posible e recibir a maior cantidade de cartos posible para así poder realizar as fichaxes que se pretenden.

No aspecto individual, preguntáronlle a Coudet se Nolito seguía a ter nivel para Primeira División. El dixo que si, ao 100%. Porén, fai escasos intres o Celta acaba de facer oficial a non continuidade do gaditano coa celeste, que non vai renovar e que recibirá, segundo comentan, unha homenaxe por parte da afección celtiña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade