Eduardo Coudet pode contar con Orbelín para o partido ante o Osasuna
Eduardo Coudet pode contar con Orbelín para o partido ante o Osasuna
A inscrición de Orbelín produciuse unha vez liberada unha praza de extracomunitario, xa que Galhardo obtivo o pasaporte italiano
O arxentino ten un reto para a segunda parte da temporada: mellorar na casa sobre todas as cousas
Coudet afirmou que Renato Tapia está para xogar
O técnico do Celta recoñeceu que o seu discurso non é igual dentro que fóra do vestiario
O técnico do Celta afirmou, antes do partido ante o Osasuna, que Renato Tapia está para xogar pero non así Orbelín, aínda que entrou na convocatoria.
💥 ¡Novedades en la lista de convocados!
— RC Celta (@RCCelta) January 18, 2022
🔜 @orbelin90 entra a la espera de cerrarse su inscripción en las próximas horas.
🔙 @renatotapiac y Solari regresan tras completar su recuperación.#CeltaOsasuna #RCCelta
Orbelín foi inscrito polo Celta na liga de Fútbol Profesional, polo que desde este momento está ao dispor do técnico Eduardo Coudet.
A inscrición de Orbelín produciuse unha vez liberada unha praza de extra comunitario, xa que Galhardo obtivo o pasaporte italiano
¡𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗧𝗢! 📝🆗 ¡Completamos el proceso de inscripción de @orbelin90 en @LaLiga!
— RC Celta (@RCCelta) January 19, 2022
Coudet ten un claro reto para esta segunda parte da temporada: "Temos que mellorar en casa sobre todas as cousas. Iso vainos marcar e vainos facer fortes. Mañá é unha linda proba para arrincar o ano en casa e tratar de gañar".
O técnico do Celta recoñeceu que o seu discurso non é igual dentro que fóra do vestiario: "Temos as nosas charlas. A mensaxe interna non é a mesma que lles traslado a vostedes. As cousas que temos que solucionar, facémolo internamente".