Cortes de tráfico na A-6 ao seu paso por Lugo polas obras de reparación do firme
Desde este luns e ata o 4 de novembro afectarán ao treito entre os quilómetros 491.3 e 494.4 sentido Madrid
Unha vez rematado este treito, actuarán noutros tres quilómetros que provocarán novos cortes entre o 3 de novembro e o 4 de decembro
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible iniciou este luns traballos de mellora nun novo treito da A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo. Neste caso, afecta a un dos treitos con maior volume de tráfico, entre os quilómetros 491.3 e 494.4 sentido Madrid, á altura da capital luguesa.
Nesta fase verase afectada a ligazón da A-6 coa LU-530 situada no km 494 e veranse restrinxidos os movementos de saída de vehículos cara a Lugo e A Fonsagrada e de incorporación de vehículos en dirección Madrid.
Desde as 09:00 do luns 3 de novembro ata as 24:00 do xoves 4 de decembro, entre os km 487,1 e 491,3. Nesta fase verase afectada a ligazón da A-6 en Nadela situada no km 488, na que se restrinxirán os movementos de saída de vehículos cara á A-54 e a N-6 e a incorporación de vehículos desde estas á A-6 en dirección Madrid.
Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación, habilitaranse transfers entre pasos de mediana, e todo o tráfico pasará a circular pola calzada dereita da autovía (sentido A Coruña), que operará en modo bidireccional cun carril habilitado por sentido de circulación.
Os traballos comezaron o pasado 15 de setembro e prolongaranse ata o 4 de decembro.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inviste 26,4 millóns de euros na rehabilitación estrutural do firme entre os quilómetros 480 (O Corgo) e 540,440 (Guitiriz) da autovía ao seu paso pola provincia de Lugo.